Noticias:

NOVA ORDENANZA USO ESPAZO PÚBLICO

NOVA ORDENANZA USO ESPAZO PÚBLICO
NOVA ORDENANZA USO ESPAZO PÚBLICO
Volver 26/12/11
NOVA ORDENANZA USO ESPAZO PÚBLICO

CONCELLO - URBANISMO - 03/12/11
A ordenanza das terrazas elévase o xoves ao Pleno coas modificacións consensuadas cos hostaleiros
A Ordenanza Reguladora da ocupación de vía pública pola instalación de terrazas de establecementos hostaleiros someterase este xoves, 29 de decemebro, á aprobación inicial por parte do Pleno da Corporación, despois de que o goberno local consensuara co sector as modificacións a introducir no texto actualmente en vigor. O alcalde, Tomás Fole, mantivo onte unha reunión cos hostaleiros onde se concretaron as propostas que recollerá o texto e coas que se da solución aos puntos máis polémicos da normativa elaborada polo anterior goberno do bipartito.
23. 12. 2011.- As modificacións que se inclúen na ordenanza responden á enquisa realizada polo Concello entre os hostaleiros locais, tanto aqueles que pertencen a asociación Ahituvi, como ós que non. A resposta por parte do colectivo foi ampla tanto á hora de realizar a sondaxe como en canto á asistencia á xuntanza, manifestando unanimemente a necesidade de modificar o texto, sobre todo no relativo ás medidas dos veladores e a instalación de mamparas.

A nova ordenanza permitirá a instalación de mamparas que poderán ir ancoradas ao chan sempre que cumpran a normativa de accesibilidade, seguridade e urbanismo, en función ao criterio da Oficina Técnica Municipal para cada caso concreto. De autorizarse a suxeción, o hostaleiro terá a obriga de reparar o firme cando se retire a estrutura ou depositar unha fianza para o pago desta actuación.

Tamén se amplía o prazo inicial no que se permitirá apilar na vía pública o mobiliario das terrazas unha vez pechados os establecementos. A medida estará en vigor do 15 de maio ao 15 de outubro, dous meses máis que o previsto inicialmente que era do 15 de xuño ao 15 de setembro.

De cara á unificación da imaxe das terrazas realízase unha zonificación dividida en tres bloques: cascos históricos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía (coincidirán coas delimitacións das Aris, aínda que no caso de Vilagarcía haberá diferenciación por rúas ou mazás); fachada marítima e zonas de interese especial (rúas peonils ou semi peonils; parques, paseo marítimo e fluvial e contornos de edificios singulares).

Outro dos acordos e das novidades que incluirá a norma tras a revisión é a creación dunha Comisión Mixta para os seguimento da ordenanza. Este órgano estará integrado por representantes dos hostaleiros e os concelleiros con competencias nas materias de Turismo, Urbanismo, Policía Local e Facenda.

Tamén se chegou ao acordo de flexibilizar as medidas dos veladores en función de cada tipo de establecemento, así como requirimento de axustar a superficie das terrazas ás fachadas dos locais. En todo caso, cada proxecto será estudiado e informado individualmente por parte da Oficina Técnica e deberán respectarse os criterios relativos a garantir a accesibilidade e mobilidade.

Axilizar a tramitación
Revisar a Ordenanza de Terrazas e acadar o maior consenso co sector era un dos compromisos electorais do goberno de Tomás Fole. Atendendo a este compromiso así como as peticións dos hostaleiros que urxen a aprobación do texto para poder adaptar as súas terrazas, a normativa someterase ao Pleno do xoves para a súa aprobación inicial a efectos de axilizar a tramitación. Non obstante, o rexedor explicou que o texto non se pechará ata o mesmo día da sesión a efectos de que os grupos políticos poidan presentar propostas. Ademais, unha vez aprobada inicialmente, a norma someterase a exposición pública para que grupos, colectivos ou persoas a título particular poidan presentar as alegacións que estimen oportunas antes de que o texto volva ao Pleno para a súa aprobación definitiva.

Como consecuencia desta urxencia, tamén queda para despois do Pleno concretar o deseño das terrazas de cada zona en canto a súa estética, tipo de mobiliario e distribución. A Oficina Técnica elaborará as propostas iniciais para cada zona que logo tratarán de consensuarse co sector. Neste punto tamén se recolle a petición dos hostaleiros que solicitaban maior flexibilidade para a elección dos materiais e formas do mobiliario, sempre que se manteñan os criterios de uniformidade en canto ó color e estrutura.
 

MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nº 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia