Noticias:

IN422E PLAN RENOVE CLIMATIZACIÓN

IN422E PLAN RENOVE CLIMATIZACIÓN
IN422E PLAN RENOVE CLIMATIZACIÓN
Volver 22/12/11
IN422E PLAN RENOVE CLIMATIZACIÓN

Considérase actuacións subvencionables:
Será subvencionable o cambio de caldeiras, equipamentos de climatización ou bombas de calor convencionais de baixa eficiencia enerxética pola compra doutros equipamentos de alta eficiencia enerxética con potencia nominal térmica maior ou igual que 5 kW e menor ou igual a 70 kW (a potencia corresponderá á suma das potencias de todas as caldeiras instaladas e, no caso de equipamentos de frío ou de bombas de calor, corresponderá á suma de todas as potencias térmicas das unidades exteriores).
Tamén será subvencionable a substitución de sistemas de calefacción eléctricos con acumulación e tarifa nocturna por caldeiras de condensación que utilicen combustibles líquidos ou gases.
Os equipamentos novos que se instalen para seren subvencionables teñen que cumprir con algún dos seguintes requisitos técnicos:
– Caldeiras de condensación.
– Equipamentos de aire acondicionado (só frío) aire-aire ou aire-auga (rendemento: clase A e EER superior a 3).
– Bombas de calor (só calor ou reversibles) que teñan como foco frío o aire (rendemento: clase A, COP igual ou superior a 3,5 e EER superior a 3).
As marcas e modelos subvencionables encontraranse incluídas na listaxe do Plan Renove de Equipamentos de Climatización co obxecto de garantir, desde o punto de vista de eficiencia enerxética, a idoniedade dos equipamentos. Esta listaxe poderá consultarse na páxina web do Inega (www.inega.es).
Considéranse custes subvencionables o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e o IVE, no caso de que este sexa subvencionable. No caso de equipamentos de frío ou bombas
de calor, considérase custo da instalación tanto a unidade exterior coma as unidades interiores

Cuantía da Subvención: máximo 30% do importe da inversión subvencionable.

Entidades colaboradoras: 10 días hábiles para adherirse
Reserva de fondos: Ata o 30 de xullo de 2012 con certificado dixital.

Imprescindible pago bancario e fotografías da calefacción antigua e a da nova instalación

Prazo ata o 30 de outubro de 2012 ou esgotamento de fondos

enlace toda resolución:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111222/AnuncioO3G1-201211-9727_gl.pdf

MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nº 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia