Noticias:

PLAN RENOVE FIESTRAS 2011-12

PLAN RENOVE FIESTRAS 2011-12
PLAN RENOVE FIESTRAS 2011-12
Volver 12/12/11
PLAN RENOVE FIESTRAS 2011-12

Obxectivo 

O Plan Renove de Fiestras está incluído no Programa IDAE-INEGA 2011 de Axudas Públicas a Investimentos en Eficiencia Enerxética dentro do Plan de Acción 2008-2012 da E-4.

O fin deste plan é o de fomentar a redución do consumo de enerxía no sector doméstico a través da rehabilitación dos ocos acristalados de fachada, tanto no referente ó acristalamento como ós marcos ou perfís.

Estas axudas xestionaranse mediante a colaboración dos instaladores que decidan adherirse ó Plan e están destinadas a persoas físicas ou xurídicas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Serán subvencionables as novas fiestras ou portas-fiestras que separen estancias calefactadas do exterior e cumpran os seguintes requisitos:

• Dispoñer de marcado CE.
• Esixencias mínimas de eficiencia enerxética:

  a) Opción A: Carpintería de madeira ou PVC e acristalamento que cumpra algún dos seguintes requisitos:
    a.1.- Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior.
    a.2.- Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal exterior baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).

  b) Opción B: Carpintería metálica con rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior con dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal exterior baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).

• Dispoñer dunha persiana, contra ou cortinón completamente opaco capaz de cerrar toda a superficie da fiestra ou porta-fiestra (non se admitirán persianas venecianas, cortinas translúcidas,...), este elemento pode ser novo ou reutilizado da instalación anterior.
• Substituír a unha fiestra ou porta-fiestra anterior de igual ou inferior tamaño.
• Execución da obra a partir do 1/12/2009.

Non son subvencionables os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros) por non tratarse dunha renovación senón de modificacións na envolvente da vivenda. Tampouco son subvencionables os lucernarios da cuberta.

Esta axuda é incompatible con calquera outra tramitada polo Inega para a mesma actuación.

O prazo de presentación das solicitudes de axuda permanecerá aberto dende o 13 de decembro de 2011 ata o día 30 de outubro de 2012 ou ata que se esgote o orzamento destinado a esta finalidade.

CONTÍA DA SUBVENCIÓN

A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100€/m2 de fiestra, cuns límites de 3.000€ por vivenda unifamiliar e 50.000€ por bloque de vivendas (cun máximo de 5.000€ por referencia catastral) ou edificios do sector terciario. En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.

 

 

PRAZO DE ADHESIÓN DOS INSTALADORES

O prazo de adhesión comeza o día seguinte da publicación das bases e remata o 17 de decembro de 2011 

O documento de adhesión (Anexo I das bases, titulado Protocolo de Adhesión) deberá encherse a través da aplicación informática e presentarse por duplicado preferentemente no rexistro do Inega (Rúa Avelino Pousa Antelo nº 5 - San Lázaro, C.P. 15703 Santiago de Compostela - A Coruña). No caso de que a presentación se realice noutro rexistro deberá adiantarse ó fax 981 54 15 25.

Para aclarar calquera tipo de dúbida o Inega habilitou os seguintes números de teléfono: 981 54 15 42, 981 95 71 46 e a conta de correo aforro@inega.es.



MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nº 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia