Noticias:

Subvencións destinadas ao acceso dos cidadáns a novas conexións a internet

Subvencións destinadas ao acceso dos cidadáns a novas conexións a internet
Subvencións destinadas ao acceso dos cidadáns a novas conexións a internet
Volver 03/06/11
Subvencións destinadas ao acceso dos cidadáns a novas conexións a internet

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2011 pola que se convoca o proceso de selección de entidades colaboradoras coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, para a xestión de subvencións destinadas ao acceso dos cidadáns a novas conexións a internet, e pola que se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Actuacións subvencionables: Consideraranse como investimentos subvencionables a contratación da prestación dun servizo de conexión a internet durante un período de, polo menos, 12 meses. O dito servizo de conexión deberá ter asociada unha velocidade de transferencia de datos de, como mínimo, 1 Mbps en sentido da rede ao usuario (DL), considerando unha modalidade de acceso sen restrición horaria
Non se considera subvencionable a contratación de tarifas de datos en teléfonos móbiles.
Dado que a primeira cota mensual correrá a cargo da entidade colaboradora, entenderase como investimento subvencionable as cotas mensuais dos 11 meses seguintes .

Beneficiarios: Familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 € que soliciten un novo acceso á internet, entendendo por renda per cápita familiar a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables. A intensidade da axuda será do 40% do custo da tarifa mensual de conexión a Internet a partir do segundo mes de servizo e ata completar un ano, cunha contía máxima de 180 € e condicionada á permanencia no servizo durante un ano. A alta da liña e o importe da tarifa correspondente ao primeiro mes será asumido pola entidade colaboradora.
A contía da axuda aprobada será descontada pola colaboradora, no momento da emisión da factura mensual ao beneficiario como unha redución do importe que se ingresará do importe total da factura. Esta redución calcularase aplicando un desconto do 40% sobre a tarifa mensual de conexión durante os once meses seguintes ao primeiro desde a alta do servizo, ou ata que chegue a unha axuda acumulada máxima de 180 €, segundo o establecido no artigo 4 destas bases reguladoras.
Se a permanencia en alta do servizo dun beneficiario non alcanza a duración de 12 meses, isto suporá a perda da totalidade da subvención concedida. Igual consecuencia terá a falta de pagamento de dous recibos mensuais sucesivos, así como a interrupción do contrato de conexión

MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nş 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia