Noticias:

NOVO PRAZO PARA SUBVENCIÓN MUNICIPAL DE TERRAZAS

NOVO PRAZO PARA SUBVENCIÓN MUNICIPAL DE TERRAZAS
NOVO PRAZO PARA SUBVENCIÓN MUNICIPAL DE TERRAZAS
Volver 31/05/11
NOVO PRAZO PARA SUBVENCIÓN MUNICIPAL DE TERRAZAS

O Concello publica hoxe no B.O.P. unha ampliación no prazo de solicitude da renovación do mobiliario para terrazas que rematou o pasado 30 de abril. Este novo plazo remata o próximo 1 de xullo.

BENEFICIARIOS E CONDICIÓNS

Titulares de establecementos de hostalería, dentro do ámbito do Concello de Vilagarcía, que tiveran autorización de instalación de terrazas con anterioridade ao 11 de febreiro do 2010.

Consultado co departamento correspondente, motivan esta condición cun límite temporal dun ano para que a subvención sexa empregada para o cambio de mobiliario de terraza por aqueles establecementos que teñan que adaptarse á nova norma, e non para sufragar gastos de mobiliario novo, sen ter invertido previamente.

 Esta subvención concédese por CONCURRENCIA COMPETITIVA. Os establecementos obterán puntos por material instalado, importe de facturas presentadas, personal contratado, de tal xeito que concederán a subvención aos establecementos que obteñan maior puntuación. O cumprimento das condicións non chega para a obtención da subvención.

Debe terse solicitado e concedido a nova autorización de instalación de terrazas conforme á nova ordenanza do 11/02/2010 (a actualmente vixente).

É condición desta subvención dar a adecuada difusión de que o mobiliario está subvencionado polo Concello de Vilagarcía de Arousa.

CONTÍA DAS AXUDAS

A contía máxima por usuario será do 50% do mobiliario adquirido e como límite máximo 200 € por velador e 900 € por establecemento.

PRAZO

Poderá presentarse solicitude de subvención do 1 de xuño ao 1 de xullo de 2011

 

MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nş 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia