Noticias:

CONVOCATORIA DO CONCELLO PARA O MOBILIARIO EN TERRAZAS

CONVOCATORIA DO CONCELLO PARA O MOBILIARIO EN TERRAZAS
CONVOCATORIA DO CONCELLO PARA O MOBILIARIO EN TERRAZAS
Volver 07/03/11
CONVOCATORIA DO CONCELLO PARA O MOBILIARIO EN TERRAZAS

Hoxe ven publicada a convocatoria e bases reguladoras das axudas públicas do concello de Vilagarcía de Arousa para o mobiliario a instalar nas terrazas.

BENEFICIARIOS E CONDICIÓNS

Titulares de establecementos de hostalería, dentro do ámbito do Concello de Vilagarcía, que tiveran autorización de instalación de terrazas con anterioridade ao 11 de febreiro do 2010.

Consultado co departamento correspondente, motivan esta condición cun límite temporal dun ano para que a subvención sexa empregada para o cambio de mobiliario de terraza por aqueles establecementos que teñan que adaptarse á nova norma, e non para sufragar gastos de mobiliario novo, sen ter invertido previamente.

 Esta subvención concédese por CONCURRENCIA COMPETITIVA. Os establecementos obterán puntos por material instalado, importe de facturas presentadas, personal contratado, de tal xeito que concederán a subvención aos establecementos que obteñan maior puntuación. O cumprimento das condicións non chega para a obtención da subvención.

Debe terse solicitado e concedido a nova autorización de instalación de terrazas conforme á nova ordenanza do 11/02/2010 (a actualmente vixente).

É condición desta subvención dar a adecuada difusión de que o mobiliario está subvencionado polo Concello de Vilagarcía de Arousa.

CONTÍA DAS AXUDAS

A contía máxima por usuario será do 50% do mobiliario adquirido e como límite máximo 200 € por velador e 900 € por establecemento.

PRAZO

Poderá presentarse solicitude de subvención do 1 ao 30 de abril de 2011.

 


Archivos adjuntos a la subvención:


SUBVENCION TERRAZAS 07032011.pdf

SOLICITUDE SUBVENCION.pdf
MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nº 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia