Noticias:

COLOCACIÓN TERRAZAS VILAGARCIA

COLOCACIÓN TERRAZAS VILAGARCIA
COLOCACIÓN TERRAZAS VILAGARCIA
Volver 26/04/16
COLOCACIÓN TERRAZAS VILAGARCIA

O goberno propón catro modelos para a colocación de terrazas dependendo das características das rúas
O goberno local entregou esta tarde aos representantes dos grupos da oposición o borrador da nova ordenanza de terrazas hostaleiras no transcurso da reunión da comisión de revisión de ordenanzas. A proposto dos socialistas foi abordada previamente cos hostaleiros e responde á necesidade de equilibrar os criterios de accesibilidade e descanso dos veciños, coa mellora da estéticas das rúas e con facilitar o traballo do sector. O novo texto parte do establecemento de catro tipo diferente de rúas, segundo as súas dimensións e características, con diferente modelo de disposición das terrazas en cada unha delas.

21.04,2016.- Todas as terrazas deberán axustarse ao ancho da fachada do local, independentemente do tipo de rúa. As peonís de 6 a 12 metros de acho dividiranse en tres tramos de igual ancho deixando o central para paso dos peóns. As terrazas irán nas franxas laterais pegadas aos respectivos locais.

As zonas peonís de ancho superior aos 12 metros, como Castelao, habilitarase un paso central para peóns e dous polos laterais de 1,8 metros de ancho e as terrazas distribuiranse no espazo que quedan entre os pasos laterais e o central.

En rúas con menos de 6 metros de ancho, a terraza tamén irá situada na franxa central, deixando as laterais como tránsito de peóns. Dada a estreitura destas zonas (como no caso de Juan García ou o tramo da Rúa Baldosa paralela a esta), as terrazas poderán superar o ancho de fachada do local, pero para elo será preciso que on establecementos de toda a rúa presenten un proxecto conxunto consensuado para o reparto da mesma. De non chegar a acordo os promotores, será o Concello o que faga o proxecto de reparto da superficie dispoñible da franxa central e de xeito proporcional á superficie interior do local.

O último tipo é que se refire ás prazas peonís, como Ravella ou Praza de España. Neste caso dividirase en dúas a zona de rúa peonil (o tramo comprendido entre os edificios e o inicio da zona verde) e as terrazas colocaranse cara o local puidendo chegar á metade da rúa.

Ademais de respectar as normas de accesibilidade no exterior das terrazas, en todos os casos, deberán tamén cumprilas no interior deixando completamente libre o paso de evacuación do interior do local ata fóra da terraza.

Liberdade na elección de mobiliario
A superficie a ocupar non se medirá polo sistema do velador (unidade de mesa e cadeiras), senón pola superficie a ocupar. Os materiais, deseño e color do mobiliario déixase á libre elección dos hostaleiros posto que se entende que debe ir acorde coa estética e estilo do mesmo. Por iso non se prevé a unificación por zonas ou rúas, aínda que si se terá en conta a calidade e a estética. A única limitación é que se prohibe o uso das mesas e cadeiras de plástico tipo praia e con publicidade.

No que aos parasois se refire, a proposta recolle que terán unha altura mínima de 2.20 metros e que non poderán sobrepasar as dimensións da terraza.

A proposta da ordenanza de terrazas en solo público non fai mención aos toldos xa que está prevista a redacción dunha ordenanza específica para este tipo de instalación que afecta tanto a hostalería como a locais comerciais de todo tipo. Mentres, os toldos das terrazas rexeranse polo que marca actualmente o Olan xeral de Ordenación Municipal que di que a parte máis baixa do mesmo non pode situarse a menos de 2.20 metros do chan e que o voo máximo (a lonxitude dende a fachada cara a rúa) non superará os 2.30 metros.

Para garantir que as terrazas manteñen un nivel estético e de calidade, o Concello propón a creación dun concurso ás mellores terrazas do municipio, a conceder por ano aqueles locais que teñan destacado polo deseño e imaxe da terraza así como polo cumprimento da accesibilidade.

Chapas metálicas no chan para sinalizar as dimensións

Neste punto e para evitar que as terrazas non superan a superficie autorizada en cada caso conforme a ordenanza, sinalarase esta con chapas metálicas pegadas ao chan. Os locais tamén terán que colocar na fachada unha placa coas dimensións autorizadas no proxecto, a efectos de facilitar o control das mesmas cando sexa preciso.

Permitirase a colocación de mamparas que en ningún caso poderán ir ancoradas ao chan. A altura máxima será de 1.60 metros, medida suficiente para amparar e preservar ás persoas que estean sentadas dentro delas. Con este alto mantense o sentido de rúa aberta e non se impide a visibilidade da mesma a cúmprese a normativa da lei anti tabaco.


Poderán colocarse mamparas pregables ancoradas á fachada do local e de 1,60 metros de altura máxima. En ningún caso poderán sobrepasar da fachada os 15 centímetros de ancho cando se preguen, medida que se aplica tamén aos escaparates segundo se recolle no PXOUM.


Horarios de inverno e verán

Outro dos aspectos que recolle a proposta do goberno local é o horario de funcionamento das terrazas. Nos meses de inverno poderán funcionar os días laborais ata as 00:00 horas e os fins de semana e festivo ata a 01:0 da madrugada. Este horario amplíase unha hora máis nos meses de verán tanto nos días laborais, nos que terán que pechar á 01:00 da madrugada, como en fins de semana e festivos onde poderán funcionar ata as 02 horas da mañá. En calquera caso, teranse en conta datas específicas como as das festas.


A proxecto da ordenanza de terrazas redactado polo goberno socialista está na fase de borrador polo que é susceptible de recoller propostas e suxestións dos grupos da oposición cos que se pretende consuensuar a medida, do mesmo xeito que co sector. Neste punto, o equipo de Alberto Varela lembra que o espírito da mesma é conciliar o uso racional dos espazos públicos que son as rúas coa accesibilidade e descanso dos veciños á vez que facilitar a labor do sector hostaleiro. Os socialistas consideran que a proposta combina estes tres aspectos de forma equilibrada polo que contribuirá a unha mellor relación cidadá/hostaleiro e a elevar a calidade e imaxe dos negocios do sector o que, sen dúbida, repercutirá positivamente no seu favor.

 

MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nş 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia