Noticias:

O Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior

O Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior
O Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior
Volver 14/02/11
O Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior

 

 

 

 

Obxectivo

O Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior está incluído no Programa IDAE-INEGA 2010 de Axudas Públicas a Investimentos en Eficiencia Enerxética dentro do Plan de Acción 2008-2012 da E-4.

Trátase de fomentar a mellora da eficiencia enerxética, a través da renovación de instalacións existentes, de Equipos de Iluminación Interior por outras máis eficientes, reducindo así o consumo de enerxía.

Actuacións subvencionables (máis información art.3º das bases)

1. A substitución de luminarias, lámpadas ou reactancias existentes por luminarias de maior rendemento, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables sempre e cando permitan reducir a potencia instalada en iluminación, polo menos, nun 30%, cumprindo cos requirimentos de calidade e confort visual regulamentarios.

2. A instalación de sistemas de control por presenza e regulación do nivel de iluminación segundo o aporte de luz natural, axustándose ás necesidades do usuario sempre e cando permitan conseguir un aforro enerxético de, polo menos, un 20%, anual respecto a instalacións sen control ou regulación.

A inversión mínima para que a actuación sexa elixible deberá ser de 500€
Subvencionase o material ea súa instalación

Contía da axuda (máis información art. 3º das bases)

O 25 % do custo elixible da nova instalación de iluminación, cun máximo de 1.500 € para vivenda unifamiliar, 10.000 € por edificio de vivendas en bloque e 25.000 € por edificio destinado a outros usos, non vivenda.

O custo elixible máximo por unidade recóllese na táboa do apartado 3 do artigo 3 das bases.

Beneficiarios (máis información art. 9º das bases)

As comunidades ou mancomunidades de veciños, as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado (propietarios de vivendas ou edificios do sector terciario, empresas de servizos enerxéticos, empresas municipais da vivenda,…) sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas, edificios de vivendas ou edificios terciarios.

Para ser beneficiario da subvención terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas.

Entidades colaboradoras (máis información arts. 7 e 8 das bases)

Teñen como función servir de enlace entre os beneficiarios e o Inega encargándose de tramitar a axuda, vender e instalar os equipos.

Son entidades privadas con personalidade xurídica, así como os empresarios que, en teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica.

Características técnicas esixibles: 1.Ordenador PC con sistema operativo Windows ou ordenador Mac.
2.Velocidade de acceso a internet superior a modem 56kb.
3.Navegadores: Internet Explorer versión 6 ou superior, Mozilla Firefox version 2.0.0.17
4.Programa de lectura de pdf´s Acrobat Reader versión 6 ou superior.
5.Dispor dunha conta de correo electrónico.

Procedementos de adhesión:Prazo: ata o 5 de marzo de 2011, inclusive.

Documentación a presentar:

Exemplar da solicitude e 2 exemplares do convenio asinados polo representante legal e selados cubertos a través da aplicación informática.

Copia simple do NIF da entidade colaboradora, en vigor.

Copia orixinal ou cotexada do documento acreditativo de poder suficiente do representante legal da entidade. No caso de que o solicitante sexa unha persoa física, este documento non o terá que presentar.

Certificación orixinal ou copia cotexada expedida pola entidade bancaria da titularidade da conta onde se realizarán os ingresos á entidade colaboradora.

Copia cotexada do derradeiro recibo do Imposto de Actividades Económicas (I.A.E.) ou, no seu caso, declaración xurada orixinal de exención de pago.



 

MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nş 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia