Noticias:

IN201H MODERNIZACIÓN DO COMERCIO GALEGO

IN201H MODERNIZACIÓN DO COMERCIO GALEGO
IN201H MODERNIZACIÓN DO COMERCIO GALEGO
Volver 22/08/14
IN201H MODERNIZACIÓN DO COMERCIO GALEGO

ORDE do 24 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN201H).

 

Considéranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2014 ata a data límite de xustificación do 10 de novembro de 2014.

* Para os comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais

a) Ferramentas que melloren a xestión do establecemento/obradoiro e o deseño dos seus produtos, e que non fosen utilizados polo establecemento/obradoiro con anterioridade.

Investimento máximo subvencionable: 4.300,00
.

Porcentaxe subvencionable: 70 %

b) Desenvolvemento e implantación de novos sistemas de packaging e etiquetaxe, dirixido a mellorar a loxística e a comercialización do produto.

Investimento máximo subvencionable: 10.000,00
.

Porcentaxe subvencionable: 70 %.

c) Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, poñendo á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos.

Investimento máximo subvencionable: 6.000,00
.

Porcentaxe subvencionable: 70 %.

d) Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda.

Investimento máximo subvencionable: 36.000
.

Porcentaxe subvencionable: 70 %.

Os beneficiarios só poderán solicitar unha actuación por cada epígrafe. O investimento máximo subvencionable por beneficiario será de 56.300,00
(IVE excluido), e a porcentaxe de subvención do 70 %. No caso de que o local onde se desenvolve a actividade estea situado nas Comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal, Costa da Morte, concellos da provincia de Lugo e a provincia de Ourense, a porcentaxe de subvención será do 75 %.

* Para as federacións de comerciantes:

a) Para o desenvolvemento do m-commerce, aplicacións informáticas (apps) e webs para teléfonos móbiles. No deseño incluirase como mínimo: deseño gráfico da aplicación, desenvolvemento e a publicación nas plataformas, así como os idiomas. Deberán incluir actividades de promoción, publicidade, ofertas, etc.

Os proxectos que se implanten deberán implicar polomenos 50 establecementos comerciais.

Investimento máximo subvencionable: 7.100,00
.

Porcentaxe subvencionable: 70 %.

Cada federación só poderá presentar a solicitude para unha aplicación informática (apps).

* Para as asociacións profesionais de artesáns:

a) Sistemas que engadidos ao produto ou ao seu packaging ou envase completen a información deste, sinalando o proceso de elaboración, a historia, a rastrexabilidade ou outros valores engadidos.

Neste caso os proxectos que se implanten deberán implicar polomenos 20 obradoiros.

Investimento máximo subvencionable: 121.500,00
.

Porcentaxe subvencionable: 70 %.

b) Proxectos de deseño e creación de novos produtos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.

Investimento máximo subvencionable: 93.000,00
.

Porcentaxe subvencionable: 70 %.

Para as actuacións desta epígrafe o investimento máximo subvencionable por beneficiario será de 214.500,00
.

En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Así mesmo, non serán subvencionables os seguintes conceptos:

- Obras para o acondicionamento do local.

- Medidas orientadas á mellora de imaxe exterior.

- Adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade.

- Ordenadores, TPV.

- Bolsas convencionales.

- Os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ATA O 1 DE SETEMBRO 2014

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140801/AnuncioCA04-290714-0003_gl.html

MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nş 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia