Noticias:

EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL E DE PROMOCION DO COOPERATIVISMO

EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL E DE PROMOCION DO COOPERATIVISMO
EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL E DE PROMOCION DO COOPERATIVISMO
Volver 03/02/11
EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL E DE PROMOCION DO COOPERATIVISMO

Consellería de Traballo e Benestar
 
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL E DE PROMOCION DO COOPERATIVISMO
 
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social, apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación e modernización deste tipo de empresas, mediante unha mellora da súa competitividade, así como a promoción do cooperativismo a través dos seguintes programas:

-Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (TR802G).
-Programa II: mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais (TR802K)
-Programa III: impulso de proxectos empresariais cooperativos (TR807D).
-Programa IV: fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a (TR802J).
-Programa V: actividades de promoción do cooperativismo e adaptación ás tecnoloxías da información e as comunicacións (TR802I).

 
3. TIPOS DE APOIO
Axudas a fondo perdido.
 
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS 
a) As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I de Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.

b) As cooperativas con socios/as traballadores/as ou de traballo e as sociedades laborais para as actuacións previstas no programa II relativas á realización de investimentos.

c) As cooperativas de nova creación ou as que acometan novos proxectos nos termos e para as actuacións previstas no programa III de impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica, así como as persoas e entidades que presten os servizos de asesoramento e acompañamento nos termos previstos no punto 3 da base terceira.

d) As persoas desempregadas, os demandantes de mellora de emprego e asalariados/as das cooperativas, nos termos e para as axudas previstas no programa IV de fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.

e) As cooperativas para as actuacións previstas no programa V de actividades de promoción do cooperativismo.

f) As cooperativas que presten servizos de natureza social nos termos previstos no programa VI de apoio ás cooperativas prestadoras de servizos sociais e de integración social.

2. Con carácter xeral, os beneficiarios e as beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) As entidades deberán estar legalmente constituídas e/ou inscritas no Rexistro de Cooperativas de Galicia ou no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais, ambos dependentes da Xunta de Galicia, e/ou no Rexistro Mercantil, se é o caso.
b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.
c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

 
5. SECTORES INCENTIVABLES 
Todos, agás para as actividades que se indican a seguir:

a) Empresas que operan nos sectores da pesca e a acuicultura.
b) Empresas que operan na produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado.
c) Actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros, é dicir, a axuda vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación ou funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.
d) Empresas activas no sector do carbón.
e) Adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada, por empresas que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada.
f) Empresas en crise.

 
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
-
 
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO 
-
 
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES 
FOMENTO DO EMPREGO EN COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS

-Axuda para a adquisición da condición de socio traballador e pola incorporación de socios traballadores ou de traballo vinculados á empresa por un contrato temporal.

MELLORA DA COMPETITIVIDADE EN COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS

-Subvención financeira de reducción de xuros de préstamos necesarios para a financiación de investimentos.
-Subvención directa para a adquisición de inmobilizado material e inmaterial.

IMPULSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS COOPERATIVOS E ASISTENCIA TÉCNICA

-Axudas para a contratación de directores ou xerentes
-Apoio ás cooperativas que presten servizos de natureza social e a comunidade
-Axuda á Formación empresarial
-Asesoramento e acompañamento de proxectos
-Outras accións de asistencia técnica.
-Axuda excepcional para o lanzamento de actividade.

FOMENTO DO ACCESO Á CONDICIÓN DE SOCIO/A TRABALLADOR/A

-Axudas destinadas a financiar, parcialmente, a achega ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio/a.

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO

-Axudas polo desenvolvemento de actividades para o fomento do cooperativismo.
-Axudas ás tecnoloxías da información e as comunicacións

 
9. CONTÍA DAS AXUDAS
- FOMENTO DO EMPREGO EN COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS

- Axuda para a adquisición da condición de socio traballador e pola incorporación de socios traballadores ou de traballo vinculados á empresa por un contrato temporal.
Subvención de ata 5.500 euros por cada persoa desempregada que se incorpore a xornada completa como socio traballador ou de traballo nunha cooperativa ou sociedade laboral e así como no suposto da incorporación como socio traballador ou de traballo das persoas vinculadas á empresa por un contrato temporal. Estas contías incrementarase do seguinte xeito:

Cando a persoa incorporada pertenza ao colectivo de mozos e mozas entre 16 e 24 anos que carezan de calquera título educativo ou profesional adquirido con posterioridade ao ensino obrigatorio, a contía da axuda incrementarase en 1.000 euros ata un máximo de 6.500 euros.

Cando a persoa incorporada pertenza sexa unha muller desempregada, a contía da axuda incrementarase en 1.500 euros ata un máximo de 7.000 euros.

No caso de persoas desempregadas prevista en situación de exclusión social previsto na letra g) a contía da subvención incrementarase en 2.500 euros ata un máximo de 8.000 euros.

No caso de persoas desempregadas e con minusvalía igual ou superior ao 33%, a contía da subvención incrementarase en 4.500 euros ata un máximo de 10.000 euros.

No suposto de que a xornada de traballo do socio ou socia traballador/a ou de traballo incorporado/a sexa a tempo parcial, a contía da axuda será proporcional ao tempo efectivo de duración da xornada.

MELLORA DA COMPETITIVIDADE EN COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS

- Subvención financeira de reducción de xuros de préstamos necesarios para a financiación de investimentos en inmovilizado material e inmaterial.

Subvención de ata catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito. A contribución do beneficiario/a ao financiamento dos investimentos deberá ser como mínimo do 25%. O importe máximo non pode superar a contía de 18.000 euros por entidade.

- Subvención directa para a adquisición de inmobilizado material e inmaterial.
Para a realización de investimentos que contribúan á creación, consolidación e mellora da competitividade de cooperativas e sociedades laborais poderá concedérselles unha subvención directa cun importe máximo de ata o 50% de custo da adquisición de activos, excluídos impostos. O importe máximo non pode superar a contía de 18.000 euros por entidade.

Poderán ser obxecto de subvencións os investimentos en terreos, construccións, instalacións técnicas, maquinaria, útiles, mobiliario, elementos de transporte e equipamentos para procesos de información, así como os activos vinculados coas novas tecnoloxías da información e as comunicacións. O investimento obxecto da subvención deberá manterse durante un período mínimo de 5 anos, agás bens amortizables cun período inferior neste caso deberá manterse polo menos polo dito período. Os investimentos realizaranse mediante a compra de activos novos. Non obstante, naqueles casos nos que os investimentos se realicen mediante a compra de equipamentos de segunda man deberán cumprirse os requisitos seguintes:
a) O vendedor ou vendedora do equipamento deberá facilitar unha declaración sobre a orixe do dito equipamento, confirmando que durante os últimos sete anos non se comprou con subvencións estatais ou comunitarias.
b) Acreditar, mediante un certificado expedido por un perito ou perita independente, que o prezo dos equipamentos non é superior ao valor de mercado nin ao custo dun equipamento novo similar, que reúna
as características técnicas requiridas para a operación e que cumpra as normas aplicables.

IMPULSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS COOPERATIVOS E ASISTENCIA TÉCNICA

- Axudas para a contratación de directores ou xerentes.
Subvención de ata o 50% do seu custo, cunha contía máxima de 20.000 euros, por cooperativa de traballo asociado ou sociedade laboral.

-Apoio ás cooperativas que presten servizos de natureza social e a comunidade
Poderán ser obxecto de subvención ata o 75% dos gastos ocasionados con motivo da incorporación como socios/as ou contratación de traballadores/as sociais, psicólogos/as e outros/as profesionais de especial cualificación que resulten necesarios para a viabilidade da empresa e unha adecuada prestación do servizo. e Esta subvención non poderá superar a contía de 20.000 euros por cooperativa.

-Formación empresarial
Esta axuda irá destinada ao financiamento parcial de cursos relacionados con actividades como a de dirección e xestión empresarial e novas tecnoloxías da información e a comunicación. A contía desta axuda será de ata o 75% do custo dos servizos prestados ata o límite máximo de 20.000 euros por beneficiario.

-Asesoramento e acompañamento de proxectos
Poderán outorgarse subvencións para o asesoramento e acompañamento de proxectos, que comprenderá
desde a realización de actividades previas ao inicio da actividade, tales como a orientación do proxecto e accións formativas e informativas do grupo promotor, ata a elaboración do plan empresarial da cooperativa, o seu seguimento e asesoramento na execución. O número de horas dedicadas ao acompañamento do proxecto, que non será inferior a 200 horas anuais. A contía da subvención ascenderá a 30 euros por
hora de información, formación ou asesoramento por cada proxecto. O número mínimo de persoas asesoradas
por proxecto será de tres.

-Outras accións de asistencia técnica.
Poderán ser obxecto de subvención ata o 75% dos gastos ocasionados con motivo da posta en marcha
dos proxectos que se indican a continuación, ata un máximo de 10.000 euros, cos seguintes límites particulares:
-Asistencias técnicas consistentes na elaboración de estudos de viabilidade, de organización, de comercialización, auditorías e outros informes de natureza análoga ata un máximo de 8.000 euros.
-Asesoramento para a elaboración dos estatutos sociais e regulamentos de réxime interno ata un
máximo de 2.000 euros.
-Formalización e inscrición da escritura pública e demais trámites derivados do proceso de constitución
da cooperativa ata un máximo de 2.000 euros.

-Axuda excepcional para o lanzamento de actividade.
Poderase conceder unha axuda excepcional para o lanzamento de actividade. O importe desta axuda, que se concederá a entidades de nova creación, consistirá nunha subvención de ata o 50% dos gastos necesarios para o inicio da actividade, cun máximo de ata 20.000 euros.
Serán subvencionables, a través desta axuda, os gastos pola compra de mercadorías, materias primas
e outros aprovisionamentos, arrendamento do local e maquinaria, publicidade, subministracións, sempre
que se realicen no primeiro ano desde o inicio da actividade.

FOMENTO DO ACCESO Á CONDICIÓN DE SOCIO/A TRABALLADOR/A

-Axudas destinadas a financiar, parcialmente, a achega ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio/a.

A contía das axudas poderá ascender ata 4.500 euros para a incorporación a unha cooperativa e ata 2.000 € para a incorporación a unha sociedade laboral, sen que en ningún caso poida ser superior á contía que corresponda subscribir en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, ou de accións ou participacións sociais de ser o caso, pola incorporación como socio ou socia.

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO

-Axudas polo desenvolvemento de actividades para o fomento do cooperativismo

A contía das axudas previstas nesta modalidade non poderán superar o 75% dos gastos necesarios para a súa realización, ata un máximo de 30.000 euros por beneficiaria para a realización das seguintes actividades relacionadas coa seguridade e saúde laboral:

-Organización de cursos, xornadas, conferencias e simposios
-Elaboración, publicación e difusión de estudos, informes, traballos de investigación, manuais e
folletos divulgativos.
-Presenza da cooperativa en feiras, mostras e congresos.
-Realización de actuacións de divulgación e promoción do emprendemento baixo a fórmula cooperativa.
-Realización de actuacións de divulgación e promoción do emprendemento baixo a fórmula cooperativa.
-Formación específica en materia de prevención de riscos laborais, entre outras.

-Axudas ás tecnoloxías da información e as comunicacións

A contía das axudas previstas nesta modalidade non poderá superar o 75% dos gastos necesarios para a súa realización, ata un máximo de 10.000 euros por beneficiaria.
poderán ser obxecto de subvención os programas que recollan algunha das seguintes actuacións:
-Mantemento da páxina web da entidade cooperativa ou accións de carácter análogo, e a súa incorporación a redes informáticas, ata un máximo de 3.000 €.
-Mantemento de sistemas telemáticos para a xestión empresarial e societaria, así como para comercio
electrónico, e accións de carácter análogo ata un máximo de 10.000 €

 
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
 
11. INCOMPATIBILIDADES 
En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria, no que se incluirán todos os custos directamente derivados dela, tales como custo total do activo e os custos de persoal calculados sobre o período que deban manterse os postos de traballo creados, de ser o caso.

As axudas e subvencións establecidas nesta orde serán incompatibles, agás a axuda por fomento de acceso á condición de socio/a traballador/a, coas axudas establecidas nos programas de apoio a iniciativas de emprego, de iniciativas de emprego de base tecnolóxica, de promoción do emprego autónomo, de centros especiais de emprego e de promoción do emprego autónomo das persoas afectadas por diversidade funcional, convocadas pola Consellería de Traballo.

Ademais, as axudas pola incorporación de socios e socias traballadores/as ou de traballo serán incompatibles con outras axudas ou subvencións que se poidan conceder, pola mesma causa e concepto, ao abeiro doutros programas de fomento do emprego, agás as bonificacións de cotas á Seguridade Social que se establezan na normativa estatal.

Así mesmo, a axuda para contratación de directores/as ou xerentes poderá ser compatible coas bonificacións de cotas á Seguridade Social que se establezan na normativa estatal.

As subvencións para o financiamento de proxectos de investimento serán incompatibles con calquera outro tipo de axuda para igual finalidade.

As axudas previstas no programa III: impulso de proxectos empresariais cooperativos, serán compatibles co resto das previstas nesta orde.

As axudas para o fomento do acceso á condición de socio traballador previstas no programa IV resultarán
compatibles coa percepción da prestación contributiva por desemprego na súa modalidade de pagamento único.

Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos nesta orde.

O importe máximo das axudas para cada finalidade deberá respectar os límites que se establecen nas bases reguladoras dos distintos programas.

 
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Orde do 31 de decembro de 2010 (DOG Nº14 do 21/01/2011) - Bases reguladoras e convocatoria 2011
 
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Consellería de Traballo- Teléfono 981 957727
 
14. OBSERVACIÓNS 
Con carácter xeral e para todos os programas o período de execución de accións abrenguerá desde o 1 de xaneiro de 2011 ata o 15 de maio de 2012.

Excepcionalmente,as accións relativas ao programas I, II, III e IV, realizadas entre o 25 de xullo de 2010 e a data de publicación desta orde, poderán dar lugar ao acceso a condición de beneficiario.
 

MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nº 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia