Noticias:

RE-SOLVE 2014 LIÑAS DE RE-AVAIS IGAPE

RE-SOLVE 2014 LIÑAS DE RE-AVAIS IGAPE
RE-SOLVE 2014 LIÑAS DE RE-AVAIS IGAPE
Volver 13/05/14
RE-SOLVE 2014 LIÑAS DE RE-AVAIS IGAPE

El plazo de presentación finaliza el 31/10/2014

IG179 - RE-SOLVE 2014: APOIO AO ACCESO AO FINANCIAMENTO OPERATIVO (ACTIVO CORRENTE)

Finalidade / Obxetivo

Estas bases regulan o contido e o procedemento de tramitación do programa de apoio dirixido a facilitar o acceso ao financiamento por parte das pemes do seu activo corrente.

Tipos de apoyo

Préstamos en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

Pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

En calquera caso, deberán ter radicado o seu domicilio fiscal en Galicia.

Deberán cumprir os requisitos dos artigo 10 e 11 da Lei de subvencións de Galicia, e non ser considerados empresas en crise, de acordo coa definición de empresa en crise.

Sectores incentivables

Todas as actividades económicas, agás as excluídas nas letras c), d) e e) do artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, é dicir:

- as axudas concedidas ás empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

i) cando o importe da axuda determínese en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas,
ii) cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade da mesma repercútase aos produtores primarios;

- as axudas a actividades relacionadas coa exportación a terceiros países ou Estados membros, é dicir, as axudas directamente vinculadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e a explotación dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora;

- as axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.

Requisitos principais do proxecto

Poderán acollerse aquelas pemes que formalicen un préstamo que se destine ao financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, tributos, seguridade social, aluguer, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo no momento do seu vencemento e cotas de leasing.

En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou activos financeiros, nin á cancelación anticipada de pasivos bancarios, excepto pólizas de crédito ou préstamo destinados á mesma finalidade que venzan durante o exercicio 2014.

•* Importe:
O importe mínimo atendible será de 3.000 euros. O importe máximo de préstamo subsidiable será de 150.000 euros.

*• Prazo:
O prazo de vixencia, poderá ser de ata 5 anos, incluída unha carencia dun máximo de dous anos.

•* Tipo de xuro:
Euribor a 6 meses + tipo adicional pactado entre as partes (sen que en ningún caso poida exceder de 6 puntos porcentuais). As revisións faranse semestralmente.

•* Comisións:
As comisións máximas que a entidade financeira poderá repercutir en conceptos de apertura e estudo será do 0,60%. Para as comisións de estudo e apertura, conxuntamente, a entidade financeira poderá estipular un mínimo de ata 30 €. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 1% en concepto de comisión de aval, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado e ata o 4% do importe do financiamento avalado en concepto de cota social mutualista, que se aboará ao inicio da operación. Este importe será reembolsado ao cliente unha vez que remate a súa relación coa SGR.

•* Garantías:
A garantía a favor das entidades financeiras será o aval da sociedade de garantía recíproca adheridas ao convenio polo 100% do risco.

As garantías a favor da SGR serán o reaval do Igape en cobertura do 25% do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa, adicionais ás achegas reintegrables aos fondos das SGR estipuladas para a operación.

Cualificación requerida del proyecto

-

Inversións ou gastos computables

Activo corrente.

Cuantía das axudas

Axuda en forma de garantía.

Consistirá no reaval do Igape durante a vixencia da operación de préstamo, en garantía do 25% do risco asumido pola SGR.

Considérase coma axuda indirecta a equivalente ao importe da prima non cobrada ao beneficiario.

Prazo de presentación de solicitudes

 

O prazo de presentación de solicitudes por parte dos interesados, nas entidades financeiras, iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de outubro de 2014. 

MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nº 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia