Noticias:

SUBVENCIÓNS A AXENCIAS DE VIAXE PARA A PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DO DESTINO GALICIA (CT983J)

SUBVENCIÓNS A AXENCIAS DE VIAXE PARA A PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DO DESTINO GALICIA (CT983J)
SUBVENCIÓNS A AXENCIAS DE VIAXE PARA A PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DO DESTINO GALICIA (CT983J)
Volver 13/03/14
SUBVENCIÓNS A AXENCIAS DE VIAXE PARA A PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DO DESTINO GALICIA (CT983J)

Finalidade / Obxetivo

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións da Consellería de Cultura e Turismo, en réxime de concorrencia competitiva, para a promoción e comercialización do destino Galicia a través do deseño de paquetes turísticos especializados que creen novos produtos e/ou resalten novas ofertas creativas dentro dos principais produtos que configuran a oferta turística de Galicia, así como procesos de adecuación das axencias de viaxe segundo as normas do Instituto da Calidade Turística Española (ICTE) ou outras de recoñecido prestixio de ámbito internacional.

Tipos de apoio

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

Os titulares de axencias de viaxe que conten con clasificación turística expedida pola Comunidade Autónoma galega e que comprendidos na definición de pequena ou mediana empresa (peme).

Sectores incentivables

-

Requisitos principais do proxecto

Consideraranse actuacións subvencionables as que se citan a continuación:

a)     Edición de folletos para promoción

b)    Realización de campañas de promoción

c)     Viaxes de promoción (para dar a coñecer os paquetes)

d)    Desenvolvemento das TICs

e)     Creación de Centrais de reservas e outras canles de promoción e comercialización de produtos turísticos

f)     Asistencias técnicas de apoio

Cualificación requirida del proxecto

-

Inversións ou gastos computables

Considéranse proxectos subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2014

Consideraranse actuacións subvencionables as que se citan a continuación:

 

a)     Edición de folletos para promoción

b)    Gastos relativos á realización de campañas de promoción específicas dos paquetes e servizos turísticos ofertados (publicidade en medios de comunicación convencionais, internet, revistas especializadas...).

c)     Viaxes de promoción e familiarización do destino Galicia, en relación cos paquetes e servizos turísticos para comercializar obxecto desta orde de subvención (gastos de xes­tión, aloxamentos, manutención, transportes, entrega de materiais promocionais…). Viaxes de promoción (para dar a coñecer os paquetes)

d)    Desenvolvemento das TICs

e)     Creación de Centrais de reservas e outras canles de promoción e comercialización de produtos turísticos

f)     Asistencias técnicas de apoio

3. Os proxectos subvencionables consistirán principalmente no deseño de accións e actuacións especializadas na promoción e comercialización dos produtos cabeceira da marca turística de Galicia.

Os produtos cabeceira de marca de Galicia poden ser consultados na páxi­na web oficial de promoción turística, na epígrafe denominada «experiencias» http://www.turgalicia.es/goza-destas-experiencias.

– Camiño de Santiago. Inclúense nesta epígrafe os produtos que articulen unha propos­ta de aloxamentos coordinados entre si para realizar por etapas os distintos camiños de Santiago en Galicia, incluíndo servizos de manutención e transfers que faciliten un paquete integral aos usuarios turísticos. Estes produtos poderán denominarse Bono Iacobus –marca rexistrada pola Xunta de Galicia–, xunto a outro termo que identifique as especificidades que introduza o comercializador e o diferencie dos competidores.

– Bosques de Galicia (Natureza).

– Mananciais de Galicia (Termalismo).

– Paseando entre viñedos (Enogastronomía).

– Turismo mariñeiro.

– Ruta das Camelias (Xardíns de Galicia).

– Faros e praias salvaxes.

– Patrimonio oculto.

– Santuarios máxicos.

– «Top Ten dez lugares únicos»: Ribeira Sacra, Muralla de Lugo, Serra da Capelada, Ferrol da Ilustración, Torre de Hércules, Camiño de Santiago, Santiago de Compostela, Cabo Fisterra, Illas Cíes e Santa Tegra.

Tamén serán proxectos subvencionables os paquetes turísticos orientados ao turismo de golf e/ou turismo ornitolóxico.

Consideraranse gastos subvencionables os seguintes:–

 

Os gastos de deseño e maquetación de folletos, catálogos, orixinais de publicidade ou calquera outro material promocional relacionado coa creación dese novo produto.

– Ferramentas ou aplicacións web para a promoción ou venda en liña dos produtos en sitios web propios ou de terceiros, publicidade e posicionamento en liña específicos dos produtos desenvoltos.

– Os gastos de distribución do material de promoción impreso.

– As insercións publicitarias en medios de comunicación ou calquera outro soporte. A valoración máxima das insercións en medios será a da tarifa oficial do medio.

– Os gastos de organización de eventos promocionais e comerciais tales como presentacións e viaxes de familiarización directos e inversos. En concreto, considerarase subvencionable o gasto de viaxes de axentes, medios de comunicación en xeral e clientes corporativos nos casos de viaxes de incentivo, aloxamento, restauración, aluguer de salas e espazos para presentacións e todos aqueles que se entenda que teñen relación directa cos actos.



Será subvencionable a comercialización e promoción de novos produtos cunha oferta creativa e diferente que contribúan á mellora da competitividade do sector e reflictan unha imaxe de marca de Galicia como destino turístico moderno e actual.

As actuacións subvencionables dentro desta liña serán:

– A recuperación de produtos tradicionais e actividades alternativas ás tradicionais.

– Deseño e desenvolvemento transversal de produtos de natureza, culturais e dobres produtos, integrando termalismo e outras actividades complementarias.

– Deseño e impulso á innovación e renovación en produtos tradicionais ou envellecidos.

– Tecnificación e innovación nos procesos de comercialización: páxinas web, centrais de reservas, comercio electrónico etc. Non se considerará subvencionable dentro desta liña o gasto relativo á implementación de portais ou plataformas dixitais.

– As insercións publicitarias en medios de comunicación ou calquera outro soporte. A valoración máxima das insercións en medios será a da tarifa oficial do medio.

– Os gastos de organización de eventos promocionais e comerciais tales como presentacións á canle de comercialización e viaxes de familiarización directos e inversos. En concreto, considerarase subvencionable o gasto de viaxes de axentes, medios de comunicación en xeral e clientes corporativos nos casos de viaxes de incentivo, aloxamento, restauración, aluguer de salas e espazos para presentacións e todos aqueles que se entenda que teñen relación directa cos actos. Quedan excluídos os gastos de retribución de persoal e axudas de custo.

– Adecuación dos soportes de promoción aos parámetros de accesibilidade para persoas discapacitadas ou con dificultades de acceso á información.

– Traducións dos soportes de promoción e comercialización aos diferentes idiomas.

– Presentación de paquetes turísticos que se vaian comercializar para a súa promoción.

Mellora dos establecementos e da calidade turística.

Considéranse accións subvencionables dentro desta liña:

– Proxectos destinados á mellora das instalacións e adecuación de espazos indispensables que se realicen nos establecementos adheridos ao Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), que poidan condicionar a correspondente certificación, seguimento ou renovación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

Procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTE, correspondentes a este ano.

Só se considerarán as xustificacións de gasto con data da auditoría de certificación, seguimento e/ou renovación, e quedarán excluídos os gastos xerados polo persoal da entidade solicitante da axuda, así como aqueles gastos en que incorra o solicitante no referido a formación, asesoramento e consultaría no proceso de implantación/mellora continua.

Os conceptos obxecto desta axuda son aqueles procedentes de colaboracións externas e servizos asociados cuxos custos sexan soportados directamente polos establecementos:

– Custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación. Só se terán en conta as xustificacións de gasto con data da auditoría de certificación posterior, e quedarán excluídos os gastos xerados polo persoal dependentes dos establecementos, así como aqueles gastos nos cales incorra o solicitante durante o proceso de implantación do correspondente sistema de xestión. Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría deste ano 2014.

Custos derivados dos dereitos da xestión e mantemento anual da marca Q no ano 2014, unha vez obtida a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

Cuantía das axudas

As axudas que se poden conceder aos proxectos que se recollen nesta orde como actuacións subvencionables poderán alcanzar as seguintes contías:

Os proxectos sinalados no punto 1.4.a) poderán acadar un máximo de axuda de ata o 40% do orzamento subvencionable.
Os proxectos sinalados no punto 1.4.b) poderán acadar un máximo de axuda de ata o 40% do orzamento subvencionable.
Os proxectos sinalados no punto 1.4.c) poderán acadar un máximo de axuda de ata o 30% do orzamento subvencionable

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

14 de abril de 2014

Incompatibilidades

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao Regulamento (CE) 1998/2006 relativo ás axudas de minimis, deberase garantir que no caso de recibir o beneficiario outras axudas baixo este réxime de minimis, non se supere o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais.

Estas axudas son compatibles con calquera outra para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo elixible (é dicir, excluídos os conceptos relacionados no artigo 1.5 da actividade subvencionada.

Estas axudas son incompatibles con outras financiadas con fondos europeos.

Referencia lexislativa

Orde do 4 de marzo de 2014 (DOGA Núm. 50 do Xoves, 13 de marzo de 2014 1) - Bases reguladoras e convocatoria 2014

MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nş 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia