 IG174 - PROXECTOS DE MELLORA DOS EQUIPAMENTOS DAS PEMES DO SECTOR SERVIZOS CUN INVESTIMENTO SUPERIOR A 30.000 € E ATA 200.000 €
Mellora dos equipamentos das pemes do sector servizos cun investimento subvencionable superior a 30.000 € e ata 200.000 €. Axuda a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.
BENEFICIARIOS
Serán beneficiarios todas as pequenas empresas en xeral con independencia da súa personalidade.
SECTORES INCENTIVABLES.
O proxecto subvencionable deberá, en todo caso, estar vinculado á consolidación ou posta en marcha dalgunha das seguintes actividades do sector sevizos:
A construción, o comercio por xunto e o comercio polo miúdo, reparación de vehículos de motor e motocicletas, o transporte e almacenamento, servizos hostaleiros de aloxamento, servizos de información e comunicacións, seguros, reaseguros e fondos de pensións excepto seguridade social obrigatoria, actividades financeiras auxiliares aos servizos financeiros e aos seguros, actividades inmobiliarias, actividades profesionais, científicas e técnicas, actividades administrativas e servizos auxiliares, educación, actividades sanitarias e de servizos sociais, actividades artísticas, recreativas e de entretenemento e outros servizos.
REQUISITOS
a) Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, medioambiental.
b) O beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25% dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.
c) Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. O investimento terá que incluírse no activo da empresa e manterse no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto.Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.
INVESTIMENTOS E GASTOS COMPUTABLES
a) Bens de equipamento de carácter tecnolóxico en xeral ligados directamente ao servizo prestado pola peme.
b) Equipamentos para proceso de datos.
c) Software ligado ao servizo prestado pola empresa.
d) Activos fixos destinados ao almacenaxe e loxística (estanterías, sistemas de automatización, etiquetaxe e lectura de datos, elementos de transporte interior).
e) Mobiliario e elementos decorativos, limitados ao 20% do investimento subvencionable total.
CONTÍA DAS AXUDAS
Mínimo dun 15% e un máximo de axuda do 40% sobre os gastos subvencionables
PRAZO
O prazo de presentación rematará o 31 de xaneiro de 2011.
|