Noticias:

AXUDAS A COMPRA DE ORDENADORES E PÁXINAS WEB PARA PEQUENO COMERCIO

AXUDAS A COMPRA DE ORDENADORES E PÁXINAS WEB PARA PEQUENO COMERCIO
AXUDAS A COMPRA DE ORDENADORES E PÁXINAS WEB PARA PEQUENO COMERCIO
Volver 02/07/13
AXUDAS A COMPRA DE ORDENADORES E PÁXINAS WEB PARA PEQUENO COMERCIO


IN214A - SUBVENCIÓNS AO COMERCIO MINORISTA PARA INCORPORACIÓN DE TIC E FOMENTO DO COMERCIO ELECTRONICO

2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Incentivar o comercio de proximidade mediante a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico

3. TIPOS DE APOIO
Subvencións en concorrencia competitiva.

4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Poderán ser beneficiarios das axudas os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís ou comunidades de bens, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Desenvolver a súa actividade en establecementos comerciais ou no comercio ambulante no territorio galego e que, se é o caso, os investimentos se realicen en establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia, e deben, así mesmo, ter o seu enderezo social en Galicia.

b) Figurar inscritos no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

c) Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II desta orde. A data de alta deberá ser anterior á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

d) Non superar os 10 traballadores.

e) Que, de ser o caso, os seus locais comerciais non superen os 150 m2 de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público. Esta limitación non será de aplicación para as actividades encadradas nas epígrafes 653.1 e 663.

f) Os/as beneficiarios/as de ordes de convocatoria desta consellería para equipamentos similares dos exercicios 2008 a 2012 non poderán ser novamente beneficiarios/as para os mesmos conceptos xa subvencionados, a menos que se trate de investimentos destinados a un establecemento comercial de nova apertura.

8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES 
Actuacións subvencionables, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2013 ata a data límite de xustificación 31 de outubro de 2013 (establecida no artigo 17) a adquisición de:

1. Ordenadores de sobremesa para uso comercial.
2. Paquetes de software de xestión:
• Módulo de xestión comercial e/ou almacén máis control económico.
• Complemento do módulo de xestión: soporte técnico e a implantación in situ.
3. Páxinas web comerciais cos seguintes elementos mínimos:
• Portada ou páxina de inicio.
• Formulario de contacto.
• Sistema de catálogo en liña ou páxinas de produtos ou servizos facilmente actualizables desde o xestor, incluíndo o servizo de maquetación das dúas primeiras páxinas como mínimo.
• Formación para actualización das páxinas polo xestor.
• Como mínimo un complemento preinstalado tipo blog, foro, xestor de noticias, xestor de enquisas ou similar.
• Epígrafe de situación cos datos de contacto da empresa.
• Rexistro nome de dominio.
• Outras características: a tecnoloxía da páxina debe ser facilmente accesible e indexable polos motores de busca.
4. Periféricos e outros compoñentes:
Lectores de código de barras.
Caixóns portamoedas.
Impresoras de tickets.
5. TPV integrados


9. CONTÍA DAS AXUDAS
O investimento máximo subvencionable (IVE excluído) estará determinado polos diferentes tipos de actuación, segundo se indica a seguir:

1. Ordenadores de sobremesa para uso comercial: 600,00 €.
2. Paquetes software de xestión:
• Módulo de xestión comercial e/ou almacén máis control económico: 1.000,00 €.
• Complemento do modulo de xestión: soporte técnico e implantación in situ: 400,00 €.
3. Páxinas web comerciais: 1.000,00 €.
4. Periféricos e outros compoñentes:
• Lector de código de barras: 200,00 €.
• Caixón portamoedas: 60,00 €.
• Impresora de tickets: 230,00 €.
5. TPV integrados: 2.000,00 €.

Os solicitantes en ningún caso poderán superar polo conxunto de subvencións a que concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 2.000,00 € (IVE excluído).

O importe da subvención regulada nesta orde será do 75 % do investimento subvencionable para establecementos comerciais situados en concellos de menos de 5.000 habitantes e para comerciantes ambulantes e do 70 % para o resto dos establecementos comerciais. En ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do investimento subvencionable.


10. PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación acaba o 22 de xullo.

MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nº 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia