Noticias:

REGASA: Rexistro Galego de Establecementos Alimentarios

REGASA: Rexistro Galego de Establecementos Alimentarios
REGASA: Rexistro Galego de Establecementos Alimentarios
Volver 06/05/13
REGASA: Rexistro Galego de Establecementos Alimentarios

DECRETO 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios.

 

Inclúense neste rexistro autonómico as seguintes actividades, xa que non están incluídas no rexistro nacional: as tendas de comerciantes retallistas, restaurantes, cafetarías, bares, panadarías, pastelarías, comedores de centros escolares ou hospitais e outros establecementos cuxa actividade principal é a venda polo miúdo ou o servizo in situ ao consumidor final ou a colectividades que comercializan nun ámbito local, incluíndo as zonas de tratamento alfandegueiro especial, xa que para eles resulta suficiente e máis adecuado un rexistro de ámbito territorial autonómico.

Inscribiranse no Regasa as empresas ou establecementos alimentarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos:
Que o operador económico teña sede, domicilio, axencia ou exerza actividade comercial na Comunidade Autónoma de Galicia.
Que a actividade que realice consista exclusivamente en manipular, transformar, envasar, almacenar ou servir alimentos para a súa venda ou entrega in situ ao consumidor final, con ou sen repartición a domicilio, ou a colectividades, así como cando estes fornezan outros establecementos destas mesmas características e se trate dunha actividade marxinal en termos tanto económicos como de produción respecto da realizada por aqueles, que leve a cabo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Non serán obxecto de asento no Regasa as empresas e os establecementos alimentarios que teñan a obriga de estar inscritos no Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos, regulado polo Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, os locais ou establecementos de venda ambulante, como toldos, postos e vehículos de venda ambulante, establecementos de tempada, locais utilizados principalmente como vivenda privada, locais utilizados ocasionalmente para servir comidas e máquinas expendedoras.
A presentación das comunicacións de inicio de actividade e de modificación de datos poderá realizarse de forma presencial de conformidade co disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou a través de sede electrónica, no enderezo
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121026/AnuncioC3K1-221012-0001_gl.pdf

MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nº 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia