Noticias:

IG183 - AXUDA PARA A COMPRA DE MOBLES DE MADEIRA PARA O FOGAR E COLCHÓNS (2010) - PLAN REMÓBLATE GAL

IG183 - AXUDA PARA A COMPRA DE MOBLES DE MADEIRA PARA O FOGAR E COLCHÓNS (2010) - PLAN REMÓBLATE GAL
IG183 - AXUDA PARA A COMPRA DE MOBLES DE MADEIRA PARA O FOGAR E COLCHÓNS (2010) - PLAN REMÓBLATE GAL
Volver 03/11/10
IG183 - AXUDA PARA A COMPRA DE MOBLES DE MADEIRA PARA O FOGAR E COLCHÓNS (2010) - PLAN REMÓBLATE GAL

O plan Remóblate Galicia consiste na axuda para a compra de colchóns e mobles de cociña producidos e vendidos en Galicia

 Consiste na subvención do 15% do valor de compra (máximo 280 €)

 O valor total da compra debe exceder os 600 € (sen IVE)

 A compra debe realizarse nunha entidade colaboradora do Igape

  

ENTIDADE (Código da ficha)

IGAP200  - IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica

1. TÍTULO DO PROGRAMA/ AXUDA

IG183 - AXUDA PARA A COMPRA DE MOBLES DE MADEIRA PARA O FOGAR E COLCHÓNS (2010) - PLAN REMÓBLATE GALICIA

 

2. FINALIDADE / OBXECTIVO 

Incentivar a demanda de mobles de madeira para o fogar e colchóns, para persoas físicas.

 

3. TIPOS DE APOIO

Axuda a fondo perdido

 

4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS

As persoas físicas maiores de 18 anos, que adquiran un ben obxecto de axudas nun establecemento de venda de mobles ou colchóns situado en Galicia e pertencente a unha PEME, incluídos traballadores autónomos, que sexa entidade colaboradora do Plan Remóblate Galicia.

 

Os beneficiarios terán que estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e, en xeral, cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

 

5. SECTORES INCENTIVABLES

-

 

6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

Serán subvencionables as operacións de compra de mobles de madeira para o fogar ou colchóns realizadas nunha entidade colaboradora, establecemento de venda, e fabricados por unha empresa de fabricación adherida, formalizadas desde a entrada en vigor destas bases e ata o 15 de decembro de 2010 ou, en todo caso, ata o esgotamento do orzamento asignado, que cumpran as seguintes condicións:

 

a) Adquirir un ou varios bens obxecto de subvención nalgunha das entidades colaboradoras, establecementos de venda, adheridas á presente iniciativa.

b) Para ser subvencionable unha operación de compra deberá acadar un custo mínimo de 600 € (excluíndo impostos).

c) A subvención máxima a percibir por persoa física será de 280 € nunha ou varias operacións.

d) Os establecementos de venda deberán identificar claramente os mobles e colchóns susceptibles de axuda conforme ao establecido nestas bases, posto que unicamente serán susceptibles de axuda os bens nos que o seu fabricante se adhira ao programa, segundo o estipulado no artigo 8 destas bases.

 

 Os bens subvencionables non poderán ser adquiridos polos beneficiarios previamente a que a entidade colaboradora obteña a autorización do Igape para realizar a operación.

 

 

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO

-

 

8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES 

Operacións de compra de mobles de Madeira para o fogar ou colchóns

 

9. CONTÍA DAS AXUDAS

As axudas serán as seguintes:

 

a) Axuda outorgada polo Igape: un 7% sobre o custo dos bens, impostos excluídos, e antes do desconto requirido no seguinte apartado b), cun máximo acumulado de subvención de 280 € por persoa física.

 

b) Desconto conxunto realizado polo establecemento de venda (entidade colaboradora do programa) e polo fabricante adherido: un 8% sobre o custo dos bens, impostos excluídos e antes da axuda establecida no apartado a) anterior. A axuda do Igape condiciónase a este desconto realizado conxuntamente polo establecemento de venda e o fabricante.

 

Polo tanto, a axuda resultante para o comprador dos bens obxecto de axuda será do 15%, mediante o desconto e a subvención á compra, sen prexuízo de calquera desconto adicional que se puidese obter por políticas concretas de venda ou promocións dos establecementos ou fabricantes.

 

 No caso de que algún organismo ou institución aportase unha cantidade adicional para o mesmo plan, esta sería compatible coas axudas aquí establecidas, coa condición de que a axuda acumulada non supere o custo total do/s ben/s a adquirir.

 

 

10. PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para a presentación de solicitudes comezará aos sete días naturais desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte) e rematará o 15 de decembro de 2010.

 

11. INCOMPATIBILIDADES

A liña de axudas contemplada nestas bases, dirixidas a persoas físicas, outorgaranse como axudas de carácter social concedidas a consumidores individuais, e son compatibles co mercado común segundo o artigo 107 do Tratado constitutivo da UE.

 

 

12. REFERENCIA  LEXISLATIVA

Resolución do 30 de setembro de 2010 (DOG Nº211 do 03/11/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010

 

 

13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN

Os potenciais beneficiarios que decidan acollerse á liña de axudas, unha vez tomada a decisión de adquisición de mobiliario ou colchóns coas condicións establecidas no artigo 3, deberán dirixirse a unha entidade colaboradora para que lles preste apoio na cumprimentación do formulario de solicitude de axuda (anexo II das bases reguladoras). A dita solicitude conterá a autorización para a tramitación da axuda pola entidade colaboradora en nome do solicitante ante o Igape; será asinada polo solicitante e custodiada pola entidade colaboradora, quen a tramitará ante o Igape en nome do solicitante.

 

As entidades colaboradoras, antes de pechar calquera operación ao abeiro destas bases, deberán solicitar a autorización do Igape, mediante a introdución telemática do formulario previsto para tal fin no espazo web www.tramita.Igape.es. No dito formulario deberán constar os datos detallados da operación e do beneficiario.

 

A autorización emitida equivalerá á asunción de existencia de crédito axeitado e suficiente para subvencionar a operación, pero o encaixe nas condicións establecidas para a súa subvencionabilidade así como a veracidade dos datos introducidos pola entidade colaboradora só serán comprobados polos servizos técnicos do Igape antes de ditar resolución de concesión da subvención, unha vez remitida a solicitude de axuda e presentada a documentación correspondente á operación para proceder ao seu cobramento. Unha vez autorizada a operación asignaráselle o número único identificativo (NUI).

 

 

 

 


Archivos adjuntos a la subvención:


REMOBLATE GALICIA.pdf
MF Asesores Consulting Integral Villagarcía S.L.
C/ La Baldosa nº 13 - Entreplanta
36600 Vilagarcia de Arousa - Tel.: 986 503 898 - M.: 604 072 808 - Fax: 986 502 266
Nuestra asesoría de empresas en Vilagarcia de Arousa, Pontevedra y Galicia esta especializada en el asesoramiento fiscal, contable, laboral, jurídico, gestoría, gestión de subvenciones y correduría de seguros con un compromiso firme hacia nuestreos clientes. La calidad de nuestros servicios como asesoría de empresas en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia comtempla un asesoramiento personalizado e individual a cada uno de sus clientes y ayudarle a alcanzar sus objetivos en el tiempo más corto posible.
Programa EMPREGA MULLER
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obter formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
Galicia - Unión Europea - Xunta de Galicia